O Grupo Doxa saca un libro “para quitar o pensamento do ámbito académico”

‘Filosofía en plural’ é unha escolla de artigos de El Progreso. A política e a educación son os temas máis tratados

O grupo de pensamento Doxa recompila 200 artigos con análises da actualidade que foron publicados en El Progreso en Filosofía en plural (Deputación de Lugo). O volume é unha escolla das colaboracións semanais que o colectivo vén facendo con este diario dende 2012.

O seu obxetivo é “quitar o pensamento do ámbito académico”, tal e como indica o coordenador de Doxa, Juan Carlos Fernández Naveiro. Ese interese cadra co do xornal lugués no sentido que expón o seu director, Lois Caeiro, no prólogo.

“Desde a responsabilidade periodística só nos correspondía abrirlles as páxinas de El Progreso para que a reflexión, a análise ou a proclama de quen teñen por vocación e oficio pensar encontre espacio máis alá da aula e sirva máis amplamente á sociedade”, destaca o responsable deste xornal.

Os textos figuran organizados en cinco categorías –Filosofía, Educación, Políticas, Cultura e Antropoética.

Leer más

Fuente: El Porgreso (05/10/2018)

Deja un comentario

A %d blogueros les gusta esto: