Comunicado do profesorado de Filosofía de Lugo

Co motivo da celebración o 28 de Xaneiro do Patrón do Ensino, San Tomé de Aquino, filósofo medieval, e a iniciativa do grupo DOXA, os profesores de Filosofía de Lugo van converter as súas aulas en lugares para o debate e a reflexión en defensa da filosofía, ante o feito de que o anteproxecto da nova Lei de Educación (LOMCE) prevé a práctica desaparición das materias de Historia da Filosofía, Ética e Educación para a Cidadanía.

Os profesores de Filosofía de Lugo queren convidar a sumarse a esta iniciativa ao profesorado en xeral, e facela chegar á comunidade educativa e á propia cidadanía, co obxecto de valorar e defender o papel da Filosofía na formación integral dos estudantes de ensino secundario, unha formación que se ve ameazada pola supresión da Filosofía no anteproxecto da LOMCE.

Esta acción enmárcase nunha serie de actos reivindicativos que está a desenvolver a Red Española de Filosofía (REF), que terá continuación en próximas datas de febreiro e marzo.

Grupo DOXA de Filosofía – Lugo

1 thought on “Comunicado do profesorado de Filosofía de Lugo”

  1. Conferencia «El desarrollo del ser humano a la luz de la cábala». Martes día 3 de marzo a las 20:00 horas en Galería Sargadelos, a cargo de Mario Javier Sabán, doctor en Filosofía e Antropología

Deja un comentario

Descubre más desde Red Española de Filosofía

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo