‘Filosofía en plural’ é unha escolla de artigos de El Progreso. A política e a educación son os temas máis tratados
O grupo de pensamento Doxa recompila 200 artigos con análises da actualidade que foron publicados en El Progreso en Filosofía en plural (Deputación de Lugo). O volume é unha escolla das colaboracións semanais que o colectivo vén facendo con este diario dende 2012.
O seu obxetivo é «quitar o pensamento do ámbito académico», tal e como indica o coordenador de Doxa, Juan Carlos Fernández Naveiro. Ese interese cadra co do xornal lugués no sentido que expón o seu director, Lois Caeiro, no prólogo.
«Desde a responsabilidade periodística só nos correspondía abrirlles as páxinas de El Progreso para que a reflexión, a análise ou a proclama de quen teñen por vocación e oficio pensar encontre espacio máis alá da aula e sirva máis amplamente á sociedade», destaca o responsable deste xornal.
Os textos figuran organizados en cinco categorías –Filosofía, Educación, Políticas, Cultura e Antropoética.
Fuente: El Porgreso (05/10/2018)