A Aula Castelao publica vídeos do seu arquivo histórico durante os días nos que tería que celebrarse á XXXVII Semana Galega de Filosofía

Compartimos el siguiente comunicado de Aula Castelao, tras el aplazamiento de la Semana Galega de Filosofia:

Adiada a Semana Galega de Filosofía que estaba prevista para comenzar o luns 13 de abril, desde a Aula Castelao queremos poñer en aberto na reda unha serie de recursos do arquivo histórico que nos axuden a aturar na casa estas datas que, en circunstancias normais, teríamos unha cita en Pontevedra para debater e analizar en profundidade diferentes temas que sometemos a discusión pública durante estas xornadas.
Comezaremos a publicación destes vídeos pola inauguración da XXIII Semana de Filosofía de 2006 a cargo do daquela presidente da nosa entidade Fernando Pérez, como homenaxe a quen fora cofundador da Aula Castelao e que faleceu precisamente nese ano. Logo, seguiremos a subir conferencias e entrevistas desa e doutras semanas de filosofía, mesmo anteriores, que consideramos documentos de grande interese alén dos problemas que poidan ter en canto a súa calidade de imaxe e son. Iremos publicando na nosa canle de youtube e nas nosas contas das redes sociais coincidindo con cada día da que sería a 37 edición desa actividade.
Desde a Aula Castelao mantemos o noso compromiso de fomentar o estudo e o debate, mesmo nestas circunstancias, precisamente insitindo na necesidade do papel da filosofía para enfrontar situacións como as que estamos vivindo.
Intervención de Fernando Pérez na inauguración da XXIII Semana Galega de Filosofía no 2006

Comments (1)

  1. Agradecemos a publicación destes fondos documentais por parte da Aula Castelao, especialmente nesta situación de «confinamento forzoso» que padecemos e que coa disculpa do Covid19 estase a perpetuar como Estado Autoritario (en 34 días de «reclusión forzosa» a escalada de denuncias policiais é xa infinitamente maior ca escalada do contaxio vírico -levamos 573.000 multas gubernativas- que están afectando a dereitos fundamentais impropios dun Estado de Alarma (sanitaria), e propios dun Estado de Excepción!)

    Como anticipaba Platón na República estamos transitando da máxima liberdade (democracia) á máxima escravitude (tiranía) sen que a voz da Filosofía teña nada que dicir ao respecto (?)

    Contribución á 37 Semana Galega de Filosofía.

    Reclamamos a Liberdade (25 abril) https://youtu.be/gaLWqy4e7ls?t=40s

Deja un comentario

A %d blogueros les gusta esto: