Adiada a XXXVII Semana da Filosofia | Pospuesta la XXXVII Semana da Filosofia, prevista para 13-17 de abril

A Aula Castelao, organizadora da Semana da Filosofía, adía a celebración da súa XXXVII edición adicada á Civilización Dixital. A situación actual por mor do coronavirus obrigou á toma desta decisión. Prevista para a semana do 13 ao 17 de abril, baralla novas datas de cara ao outono.

A Aula Castelao de Filosofía decidiu adiar a celebración da XXXVII Semana, adicada ao estudo da Filosofía e Civilización Dixital, prevista entre o 13 e o 17 de abril. A situación actual, motivada polo COVID 19 non fai viable a celebración nas datas sinalada e a equipa da Aula está a traballar xa para reubicala. A súa intención é manter o programa mais non é viable confirmar as novas datas xa que están pendentes da dispoñibilidade dos relatores e tamén do Teatro Principal, que conta en estado normal cunha abundante actividade que medrará ao ter que reubicar eventos previstos para estas semanas de confinamento.
Ao evento que probablemente teña lugar a principios de outono contará coa asistencia de Andoni Alonso, Victoria Sendón ou Antonio Rial Boubeta entre outros.

Deja un comentario

A %d blogueros les gusta esto: