Jornadas de Filosofía

Do 15 ao 18 de outubro de 2018

As XXV Xornadas de Filosofía celebraranse no Auditorio Concello de Vigo, baixo o título Ciencia, Filosofía e Racionalidade. Homenaxe a Jesús Mosterín. Esta actividade é gratuíta e é apoiada pola UNED-Pontevedra, como Curso de Extensión Universitaria.

Esta actividade está aberta ao público en xeral ata completar o aforo de 300 persoas. Os participantes que desexen unha certificación de asistencia as xornadas deberanse matricular nunha das seguintes opcións:

Alumnos universitarios e UNED: cumprimentando a súa solicitude en UNED. Ponteveda que figura aquí  no enlace seguinte
Resto asistentes: remitindo unha solicitude cos seus datos persoais (nome, apelido, DNI, enderezo, teléfono de contacto, actividade profesional e centro de traballo) ao Grupo Filosofía Aletheia.Vigo no correo seguinte: xornadasaletheia@yahoo.es.

Todos os matriculados que asistan ao 80 % da actividade recibirán un diploma acreditativo de asistencia expedido polo Grupo Filosofía Aletheia.Vigo. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recoñecerá con 16 créditos de formación a todos os profesores asistentes.

Os alumnos UNED que asistan ao 80% da actividade –curso de extensión universitaria- recibirán unha certificación de aproveitamento de 20 horas lectivas equivalente a 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Programa das XXV Xornadas de Filosofía

Organización: Concello de Vigo.
Dirección: Grupo Filosofía ALETHEIA.Vigo
Colaboración: UNED Centro Asociado de Pontevedra.
Lugar de celebración das xornadas: Auditorio Concello de Vigo (Pr. do Rei, 1 / 36201 VIGO )

Información e matrícula XERAL: xornadasaletheia@yahoo.es
Información e matrícula alumnos UNED

Deja un comentario

Descubre más desde Red Española de Filosofía

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo